Os eventos ó aire libre son unha tendencia en auxe. Festas populares, actuacións musicais, grandes festivais, eventos empresariáis, vodas… Cada vez son máis os concellos, particulares e empresas que prefiren levar a cabo as súas celebracións ca liberdade que ofrecen alugar unha carpa para eventos.
Vantaxes de alugar unha carpa para os teus eventos
- Ti elixes onde celebrar o teu evento. Un espazo cerrado implica sempre ter que adaptarse ás opcións, condicións e dispoñibilidade do espazo escollido. Alugar unha carpa é sinónimo de liberdade á hora de elixir ónde, cándo e cómo.
- Permite desfrutar de tódalas vantaxes de celebrar un evento ó aire libre, eliminando a principal desvantaxe: a climatoloxía. Alugar unha carpa é ter a seguridade de que o mal tempo non botará a perder o evento.
- Os espazos pechados están condicionados pola propia estrutura e decoración dos mesmos. Pero unha carpa é un lenzo en branco para empezar a crear.
- Ofrece infinitas posibilidades de personalización: material corporativo para eventos de empresa, publicidade de marcas para eventos patrocinados…
- Se falamos de eventos sociais, como as vodas, por exemplo; unha carpa é unha solución que se adapta a calquera tipo de espazo. Con tódolos complemento que existen hoxe en día (tarima, moqueta, velum, lámpadas…) é posible crear un espazo único en calquera lugar.
- Os espazos pechados están condicionados sempre a un aforo limitado de persoas. Unha carpa para eventos é unha solución efectiva sexa cal sexa o aforo.
- Mobiliario, iluminación, decoración… Poderás elixir todos e cada un dos complementos que precises para levar a cabo o teu evento: dende un espazo para conferencias, ata unha pista de baile.
Estas son só algunhas das vantaxes de alugar unha carpa para eventos. Se queres saber máis das posibilidades que ofrecen, ponte en contacto nós.