Como elixir a carpa perfecta para o teu evento

carpa-para-eventos

Elixir a carpa perfecta para o teu evento é un proceso que require unha boa elección do lugar e unha correcta planificación do espazo. Porque non é o mesmo un evento de empresa, un festival de música ou unha voda.

Cada evento é único e ten as súas propias necesidades. Estes son algúns consellos xerais para elixir a carpa perfecta para o teu evento.

Crea o mellor espazo para cada tipo de evento

Á hora de elixir a ubicación onde se vai instalar a carpa, é importante ter en conta o tipo de evento que se vai levar a cabo. Se falamos de grandes eventos, como festivais ou concertos, o mellor e optar por lugares apartados dos centros urbáns, con bos accesos e fácil aparcamento. Pero, para un evento de empresa, adoitase escoller lugares máis próximos ós centro, que dispoñan de boas conexións. En ambos casos, o lugar escollido debe ter espazo suficiente para montar unha infraestrutura que permita albergar a tódolos asistentes. Para iso, é clave ter unha boa previsión de asistencia ó evento.

Tamén é importante facer unha boa planificación dos espazos que será preciso montar no interior da carpa. Para unha voda, por exemplo, non será o mesmo montar únicamente o comedor dentro da carpa que ter que montar tamén a pista de baile.

A época do ano e o clima tamén son factores a ter en conta. En inverno é habitual optar por canóns de calor para conseguir unha boa temperatura dentro da carpa, así como optar sempre por carpas cerradas.

Se optamos por ubicar o evento nalgún tipo de paisaxe singular, como un entorno natural ou fronte ó mar, e habitual optar por carpas cos laterais transparentes. Esto permite desfrutar da paisaxe sen perder as comodidades que ofrece unha carpa cerrada.

Se precisas axuda para elixir a carpa perfecta para o teu evento, podes poñerte en contacto nós. Asesorarémoste para que elixas sempre a mellor opción.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos obligatorios están marcados *